Segundo recollen diversos medios de comunicación a Garda Civil de Porto do Son está a investigar un presunto caso de violencia machista após atoparen na xornada de onte (19 de febreiro) o cadáver dunha muller no exterior do seu domicilio. Segundo as fontes policiais recollidas pola imprensa será a autopsia a que determine se a muller foi empurrada polo compañeiro --cuxo cadáver tamén se atopou no interior da morada.
A autopsia determinará se a muller foi empurrada desde o interior da vivenda pola fiestra
De acordo co relato policial a muller podería atoparse retida dentro da casa ao comprobaren que a fiestra fora fechada desde fóra. Aliás, o homes podería terse suicidade cunha sobredose de medicamentos que, no entanto, tamén terá que verificar a autopsia.
Foi o fillo quen alertou á Garda Civil de que algo podería ter acontecido á súa nai após non contactar con ela en varios días.
De se confirmar, trataríase do segundo crime de violencia machista acontecido na Galiza en 2016 após o asasinato de Ana Gómez Nieto en Herbón, Becerreá, o 11 de febreiro.