xoves 21/10/21

Un Himno aínda sen restituír

O 20 de decembro de 1907 o Gran Teatro da Habana acollía unha homenaxe a Pascual Veiga en que foi interpretado por vez primeira de maneira oficial o Himno Galego. 110 anos após, o texto orixinal, deturpado co paso dos anos, segue sen se restituír. A Fundación Galiza Sempre e a Federación Galiza Cultura non cesan no empeño por conseguir a recuperación da letra verdadeira. Depende do Parlamento de Galiza que así se faga. Eis un extracto da información publicada no Sermos en papel.

dsc_0013
[Imaxe: Parlamento]
comentarios