Estudante e responsábel de Organización de Erguer, Iria Figueroa non dubida en segundo en responder á pregunta de se vai secundar a greve xeral de mulleres do 8M: “Claro”. Un paro que se convoca non só a nivel laboral mais tamén no ensino, nos coidados e no consumo. “Todas as mulleres debemos secundar a convocatoria do 8M, é unha oportunidade de alzar todas a voz, de denunciar, e de reclamarmos unha sociedade distinta”.
Iria lembra que existen unha serie de explotacións, discriminacións e violencias polo feito de ser muller. No eido laboral, social, e tamén no estudantil. “Hai un teito de cristal, somos maioría no ensino superior mais a nivel de cátedras, responsabilidades… somos minoría”.
Coa greve estudiantial do 8M as estudantes fan parte activa da loita das mulleres. Un paro no que tamén queren reivindicar que na universidade os estudos contemplen a perspectiva de xénero”, ou ben denunciar “a feminización de certos estudos (de coidados, artes…) e a masculinización doutros (como as carreiras técnicas)”.