O Tribunal europeo dos dereitos humanos (TEDH) estimou o recurso presentado por Juan María Atutxa, Gorka Knörr e Kontxi Bilbao e sanciona o Estado español por “violación do artigo 6.1 da convención europea de dereitos humanos”, que versa sobre o dereito a un proceso equitativo. A decisión do TEDH chega 9 anos despois de que o Tribunal Supremo inhabilitara os 3 integrantes da Mesa do Parlamento vasco nunha decisión que, cinco anos despois, ratificara o Constitucional.
Os feitos teñen a súa orixe na ilegalización de Batasuna en 2003. O Supremo español ordenou ao Parlamento vasco disolver o grupo parlamentar Sozialista Abertzaleak. A Mesa da Cñamara vasca negouse a disolver ese grupo parlamentar.