Medio Ambiente

O Estado blinda os intereses de eólica mariña na Galiza coa nova Rede Natura

A nova delimitación da Rede Natura 2000 no litoral galego non convence ao movemento ecoloxista. O trazado fixado polo Goberno do Estado exclúe da protección as zonas reservadas nos Plan de ordenación da eólica mariña (POEM) para o emprazamento dos parques eólicos mariños. Os criterios marcados non garanten os obxectivos fixados pola lexislación comunitaria na Directiva do Hábitat.

WhatsApp Image 2024-01-03 at 20.31.09
photo_camera A ampliación da Rede Natura aprobada polo Goberno español sortea os espazos reservados polo Executivo á eólica mariña. (Infografía: Nós Diario)
Comentarios