martes 22/06/21

Enfermeiras da Primaria exixen ao Sergas participar na reestruturación do modelo asistencial

As e os profesionais agrupados na Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (Agefec) consideran “inaceptábel” que vaian ser as e os médicos os que “planifiquen” o seu traballo e competencias nos centros de saúde. Consideran que deben estar de forma directa na toma de decisións.

Acceso ao centro de saúde do Portádego, en Culleredo, en pleno cribado. (Foto: Nós Diario)  #centro-de-saúde #ambulatorio #sergas #sanidade #covid19
Acceso ao centro de saúde do Portádego, en Culleredo, en pleno cribado. (Foto: Nós Diario)
comentarios