Persoal da CRTVG denuncia que a dirección abre expedientes disciplinarios por falta "moi grave" a traballadoras que fan folga

Segundo o Comité Intercentros, a Dirección pretende acusar o persoal afectado de “fraude, deslealdade, abuso de confianza” ou “abuso de autoridade”, cando todas as categorías técnicas implicadas nos paros que desde o 7 de outubro abortaron 19 veces a emisión de ‘O Termómetro’ operaron de “modo análogo ás profesionais agora seleccionadas como cabezas de turco”.

Persoal da CRTVG en folga, esta segunda feira, en San Marcos. (Foto: Comité Intercentros)
Persoal da CRTVG en folga, esta segunda feira, en San Marcos. (Foto: Comité Intercentros)
Comentarios