A morte de 13 persoas que permanecían infectadas en hospitais galegos fan que se eleve o rexistro oficial de falecementos con coronavirus até os 318. Do total de mortes, 253 producíronse en hospitais e 65 en residencias da terceira idade, segundo os datos oficiais que transmite o Goberno galego. En canto aos casos que deron positivo por coronavirus até o momento son 6.946.
Cos últimos datos engadidos, e por áreas sanitarias, os falecementos chegan a 74 na Coruña; 51 en Vigo; 49 en Ourense, 34 en Compostela, 16 en Ferrol, 18 en Lugo e a 11 en Pontevedra.
Residencias de maiores
No caso das residencias da terceira idade, DomusVi San Lázaro, en Compostela, rexistrou 17 falecementos; DomusVi Aldán de Cangas, 14; Nosa Señora da Esperanza, de Ourense, 12; DomusVi do Barreiro, en Vigo, 8; O Portádego, na Coruña, 6; e un en Moledo (Vigo), en Fogar Bellolar (A Coruña), en Castro Caldelas, en Claudina-Somoza (A Coruña), en San Carlos de Celanova, en Divino Mestre (Ourense), na Nosa Señora de Fátima (O Barco de Valdeorras) e en Bande.
Cando menos 117 do total de 314 falecidos estaban vinculados a centros residenciais. 65, como se apuntaba, morreron nas propias residencias e 56 en hospitais ou nas chamadas residencias integradas.
A nivel estatal, os positivos por coronavirus eleváronse a 157.022, un total de 4.576 máis que onte e as mortes a 15.843, é dicir, 605 máis, o que significa un descenso no número de persoas coa COVID-19 que perderon a vida, segundo informa o Ministerio de Sanidade. Outro dato positivo é o das persoas curadas, que aumentan até as 55.668.
A Comunida de Madrid segue á cabeza, con 5.972 falecidas segundo os datos oficiais.