A tripulación de dous remolcadores permanece confinada no porto de Ferrol pola existencia dun posíbel caso de coronavirus.
Os remolcadores que chegaron a Ferrol o pasado 29 de maio. Están confinados até que se repitan as probas da Covid-19 a un dos tripulantes, que ao parecer xa deu positivo.
Teñen que someterse a esta proba de maneira obrigatoria para poder regresar ao seu país, Nixeria.
A volta ao parecer estaba programada en principio para o vindeiro 20 de xullo.