O masacre de inicios de semana do exército israelí en Gaza – máis de 60 persoas mortas e de 2.500 feridas –xerou unha vaga de críticas e denuncias por todo o mundo, tamén en Galiza, onde organizacións políticas, sindicais e sociais acusaron Tel Aviv de levar a cabo accións de guerra contra poboación civil.
Este rexeitamento ao actuar de Israel para co pobo palestino tamén se vai traducir na tarde desta sexta feira, día 18, en concentracións en varias cidades galegas de solidariedade con Palestina. Serán ás 20:00 horas e decorrerán en A Coruña (Obelisco), Compostela (Praza do Toural), Vigo (Farola de Urzaiz) e Ourense (Subdelegación do goberno).
Unha primeira mobilización contra o masacre de Isarel tivo lugar esta cuarta feira en Vigo, convocada por Ma de Lumes e BDS Galiza.