O centro social Gomes Gaioso, na Coruña, vese na obriga de fechar provisionalmente por mor dunha suspensión de actividade decretada pola Concellería de Urbanismo, , ijdicando o departamento que este centro carece dunha declaración responsábel das actividades que se desenvolven no seu local.
A decisión, coñecida esta sexta feira, provocou unha vaga de solidariedade para con este centro con 14 anos de vida. Mostras de apoio procedentes do tecido social e veciñal da cidade coruñesa, así como de organizacións políticas como Marea Atlántica (“é unha referencia para os movementos sociais da Coruña”) e BNG (“Todo o noso apoio ao labor do CS GomesGaioso, que desde hai anos dinamiza As Atochas, Monte Alto e a cidade cunha programación máis que consolidada. Sorpréndenos a resolución de Urbanismo que obriga á paralización da súa actividade e pediremos información á área correspondente").
O propio centro ssocial, a través das redes sociais, mostraba o seu abraio por esta decisión: “Achamos a medida arbitrária e sem qualquer fundamento, portanto estamos a preparar desde já a nossa defesa. Contudo, até presentarmos as alegações e realizarmos as diligências pertinentes, vemo-nos na obriga de fechar provisoriamente o local”.
(1) IMPORTANTE: O Centro Social Gomes Gaioso é umha associaçom cultural com umha trajetória de 14 anos a defender o galego, a cultura popular, o desporto de base, o conhecimento da contorna, e a servir de plataforma para diversas iniciativas do tecido associativo local. 👇 pic.twitter.com/TYMH2vM9Qk
— C.S. Gomes Gaioso (@CSGomesGaioso) May 7, 2021