A meirande parte de concellos da área da Coruña e de Pontevedra pasan a nivel medio de restricións

114 casos por cada 100.000 habitantes é a incidencia da Covid-19 a nivel galego a 14 días. Unha cifra sobre a que traballou hoxe o subcomité clínico para adoptar as medidas aprobadas. Por mor das estatísticas, a partir da segunda feira quedarán abertos os perímetros das áreas de Pontevedra e A Coruña, quedando limitada a mobilidade ao nivel de restricións propio de cada concello estabelecido polas especialistas.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña (Imaxe: Europa Press)
photo_camera O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña (Foto: Europa Press)
Comentarios