Máis de 60 colectivos do ámbito social, político, cultural ou sindical fan parte da Columna Galega das Marchas da Dignidade, que volverá manifestarse en Madrid para reclamar “Pan, traballo, teito e igualdade”. Na capital do estado confluirán o 27 de maio columnas procedentes de diferentes territorios para, como na mobilización do 2014, reclamar “pan, traballo e teito”, engadíndolle este ano “igualdade” para denunciar o “feminicidio”.
Manolo Caamaño, un dos voceiros da columna galega, afirmou que as “lacras do capitalismo” deben de enfrontarse “na rúa, ao tempo que sinalou que os procesos electorais “paralizaron a rúa” e “non resolveron os problemas”.