Milleiros de manifestantes en Compostela

A CIG reanuda a mobilización por unhas pensións “dignas e garantidas”

Unha manifestación convocada pola CIG percorreu este sábado as rúas de Compostela. A palabra de orde, Por unhas pensións dignas e garantidas. A central nacionalista reanuda así as mobilizacións de pensionistas cunha advertencia: “Non estamos dispostos a que o sistema público se convirta nun sistema de caridade”.
 

manifestación pensións santiago
photo_camera Manifestación en defensa das pensións públicas este 26 de xaneiro en Compostela. Foto: CIG
Comentarios