Audasa exixirá máis de 1.000 millóns de euros se a concesión da AP-9 é anulada

A concesionaria da autoestrada que vertebra a costa atlántica galega advirte de que pedirá unha indemnización se perde a xestión, e en consecuencia os ingresos das peaxes, da infraestrutura. Alude así ao procedemento de infracción aberto contra España pola Comisión Europea por autorizar a última prórroga sen unha licitación pública. A compañía xa ten reclamada unha compensación pola caída do tráfico durante o estado de alarma.
A autoestrada, no tramo da ponte de Rande, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Miguel Riopa).
photo_camera A autoestrada, no tramo da ponte de Rande, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Miguel Riopa)
Comentarios