O 26% do ingresado por Audasa vira en beneficios

As dúbidas sobre as prórrogas da concesión e o prezo das portaxes da AP-9 pairan desde hai décadas. A comezos de 2004, o Tribunal de Contas cuestionou a exención de impostos á empresa concesionaria e en 2020 o Consello Consultivo advertiu de “quebrantos á legalidade” no convenio asinado en 2011 entre a Autoestrada do Atlántico (Audasa) e o Estado español. Na mesma liña, o pasado 24 de setembro a Comisión Europea considerou ilegal a prórroga de explotación aprobada polo Goberno de Aznar en 2004, denunciando o 30 de setembro a Comisión Galega da Competencia novas irregularidades.
A autoestrada do Atlántico nunha imaxe de arquivo. (Foto: Miguel Riopa / Europa Press) #ap9 #audasa #autoestrada #galiza #autoestradadoatlántico #infraestruturas #mantemento #concesión
photo_camera A autoestrada do Atlántico nunha imaxe de arquivo. (Foto: Miguel Riopa / Europa Press) #ap9 #audasa #autoestrada #galiza #autoestradadoatlántico #infraestruturas #mantemento #concesión
Comentarios