UE ve ilegal a prórroga da concesión da AP-9

Enviou unha carta ás autoridades españolas para asegurarse da correcta aplicación da regulación europea na concesión de contratos
Autoestrada AP-9 ao seu paso por Compostela (Arxina)
photo_camera Autoestrada AP-9 ao seu paso por Compostela (Arxina)

A Comisión Europea anunciou esta quinta feira a apertura dun expediente ao Estado español pola extensión da concesión da autoestrada AP-9, en Galiza, sen lanzar unha licitación pública.

Bruxelas enviou unha carta ás autoridades españolas para asegurarse da correcta aplicación da regulación europea na concesión de contratos, ao considerar que España, do mesmo modo que Italia, non cumpriu coas súas obrigacións nesta materia.

En concreto, pon o foco sobre a extensión do contrato da AP-9 que conecta Ferrol coa fronteira con Portugal. No caso de Italia, o Executivo europeo sinala un episodio similar coa autoestrada na provincia de  Livorno.

Agora as autoridades españolas teñen dous meses para contestar as dúbidas expostas por Bruxelas, en caso de non responder satisfactoriamente, o Executivo comunitario podería enviar un ditame motivado e, como último paso, mandar o Estado español ao Tribunal de Xustiza da UE.

Comentarios