Un total de 413 novos contaxios en 24 horas sitúan Galiza a niveis de finais de marzo

Os positivos por coronavirus detectados nas últimas 24 horas na Galiza disparáronse a 413, unha cifra que se sitúa en niveis de finais de marzo. Máis da metade das infeccións diarias, unhas 235, rexístranse na área sanitaria de Ourense, que marca récord histórico debido aos dous novos brotes en dúas residencias, con máis de 150 casos.

Veciñas e veciños de Ourense pasean pola rúa o 3 de outubro (Imaxe: Europa Press).
photo_camera Veciñas e veciños de Ourense pasean pola rúa o 3 de outubro (Imaxe: Europa Press).
Comentarios