NO SUPLEMENTO ESTIVAL

Viaxe aos veráns do pasado

Houbo un tempo no que as praias non ulían a crema solar e ficaban case desertas. Houbo un tempo no que o estío non era tempo para o lecer.  Viaxamos aos veráns de antes.

carne crúa
photo_camera O relato erótico de Pepe de Pura

O veraneo é un invento recente, propio de sociedades urbanas e de consumo, e impensábel nunha sociedade rural na que tempo de lecer e de traballo non estaban escindidos senón hibridados. Indagamos na historia e na intrahistoria do verán en Galiza, da man do historiador Xavier Castro, autor de Historia da vida cotiá en Galicia (Séculos XIX-XX) e das lembranzas que nos achegan a escritora Helena Villar Janeiro, o ensaísta Camilo Nogueira, o poeta Pepe Álvarez Cáccamo, o ilustrador Xosé Lois “O Carrabouxo” e a poeta e actriz Antía Otero. Dos veráns da cidade aos da aldea, da época estival dos nen@s labreg@s ao das clases medias ilustradas, viaxamos aos veráns do pasado.

Xurxo Souto descubriranos, no seu relato “Océano para terrícolas”, a memoria da coruñesa praia de Santa Cristina, ao pé da Ponte Pasaxe, cando, no lugar que hoxe en día ocupa unha urbanización, se atopaba o coñecido como estaleiro de Recollainas. Desta vez, o seu episodio oceánico está protagonizado por Manuel Eiroa,o seu avó, que atravesou o Atlántico coa orquestra Os Satélites.

Entrevista a Agarophobia

"Xurxo Souto descubriranos a memoria da coruñesa praia de Santa Cristina cando, no lugar que hoxe en día ocupa unha urbanización, se atopaba o coñecido como estaleiro de Recollainas."

O Caderno de Verán dedicaralles a entrevista musical, nesta ocasión, ás Agarophobia, que veñen de actuar con Los Enemigos en Vigo e foron xa gañadoras de varios concursos, como o VodafoneYu Music Talent ou o Son Rías baixas, co seu garage indie rock.

De man do cantante, compositor e actor, Xoán Curiel, viaxamos á Pena do Inferno, na súa terra natal, A Fonsagrada. Xesús Manuel Pinheiro remítenos, na súa columna “Dalle que libras” a unha anécdota recente nunha taberna ourensá ao redor de navegar en mar aberto en augas políticas.

Pepe de Pura segue a meter máis leña ao seu relato homoerótico, con escenografía de sauna nesta ocasión. O conflito desencadéase na vida de África, obrigada a casar á forza, no relato de Marica Campo. Marta Dacosta segue a agasallarnos versos protagonizados por mulleres que, dende distintas circunstancias e tempos, van desenfiando o novelo da memoria.

Máis en Só en papel
Comentarios