#sermos158: Cartografía da memoria

No albo o 17 de agosto, Día da Galiza Mártir. Neste número do semanario en papel repasamos os actos que traerán a memoria da represión fascista na Galiza. Xa á venda na nosa loxa. 

capa_158

Máis un número do semanario en papel que sae do prelo. Desta volta, co 17 de agosto, Día da Galiza Mártir como un dos temas centrais. 

Através dunha completa revisión aos actos da memoria trazamos unha cartografía da represión fascista achegándonos a algunhas das datas conmemorativas que terán lugar arredor desta data. A comezar pola conmemoración do fusilamento de Alexandre Bóveda na Caeira (Pontevedra). 

Aliás, publicamos máis capítulos do diario escrito por Xosé Ramón e Fernández Oxea, Ben-Cho-Shey, nos que narra a terrorífica cacería represiva de agosto do 36 nun testemuño en primeira persoa. 

Nas páxinas de Economía ollamos para o futuro do sector navan galego a partir dos 3 millóns de euros que fican no ar de Navantia.

Avanzando nos contidos atoparedes unha reportaxe a dupla páxina sobre infraestruturas pantasma. Construcións financiadas con diñeiro público mais en desuso que caeron no abandono. 

Na páxina de Internacional afondamos na vaga migratoria que atinxe Europa e que tirou a carauta social que revestía a faciana da UE. Mentres a xenofobia avanza, os gobernos comunitarios negan axuda e asilo aos milleiros de persoas que fuxen da fame e as guerras nos seus lugares de orixe. 

Asemade, como é costume, viaxamos pola nosa terra da man do colectivo XEA que nos convida a visitar a lagoa e a praia de Baldaio. 

Todo isto e moito máis no número 158 do semanario que podes adquirir xa na nosa loxa ou a partir da quinta feira nos quiosques e puntos de venda habituais. 

Máis en Só en papel
Comentarios