Descubrir a Galiza nudista

O caderno de verán desta semana achéganos aos perto de 60 paraísos que se atopan no noso país para gozar nús. Disponível na nosa loxa. 

unnamed

Que na Galiza non vai frío sempre, xa se sabe, e que o noso país pode ser gozado de infinitas maneiras, tamén. O que non é tan coñecido é que o territorio galego conta con perto de 60 espazos nudistas. 

No número 8 do caderno de verán que acompaña o semanario en papel desta semana descubrimos, sen pudor, estes lugares. Onde están? Cal é o máis acaído segundo o perfil de persoa? Como ameazan as actuais restricións de liberdade o nudismo? Aumenta o seu uso ou diminúe?

No interior do número 154 de Sermos Galiza Belén Puñal descúbrenos a Galiza nudista nunha ampla reportaxe na que conversamos tamén con Tonhito de Poi, declarado nudista que afirma, sen vergoña, que "bañarse con roupa é un atraso". 

Aliás, nas oito páxinas que compoñen o caderno, continuamos avanzando na novela seriada que asina Marica Campo e no poemario de Marta Dacosta. Pepe de Pura lévanos de 'Turismo sexual' no último Carne crúa e a xornalista Silvia Cancela conversa con Monolious DOP, unha banda do Barbanza que leva anos nutrindo o Youtube coas súas creacións humorístico-musicais. Defínense como agro stars e din, sen medias tintas, que conducen un ford fiesta

X.M. Piñeiro asina máis unha columna en Dálle que libras acarón dun novo relato de Xurxo Souto que nos achega as Cántigas de Terranova no océano contado para terrícolas. 

Para fechar o caderno, Manuel Gago ensínanos o seu recuncho de verán: o reino das Xacias, na Ribeira Sacra. 

Podes mercalo xa na nosa loxa. 

Máis en Só en papel
Comentarios