star
Reportaxes
Tres represións para un Seminario
06/out./23
O investigador mariñán Ramón Ermida Meilán explica como o proceso represivo contra o Seminario de Estudos Galegos (SEG) foi desenvolvido en tres direccións. Unha primeira refírese á propia entidade, suspendida nas súas tarefas, posteriormente ilegalizada e, por último, cos seus bens e fondos incautados. Unha segunda afecta os seus socios, sexan activos ou protectores, perseguidos polas súas posicións ideolóxicas e compromisos políticos. Unha terceira concerne a súa memoria, esquecida e, aínda peor, manipulada para desfigurar os seus obxectivos, até o punto de facer pasar o colectivo como un antecedente do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS), entidade creada polo franquismo dentro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), cuns fins antagónicos aos do SEG.