Manuel Xestoso
24/mar./23 8:05
A celebración do centenario do Seminario de Estudos Galegos comeza cunha reparación merecida, tratando de rescatar do esquecemento as mulleres que foron integrantes da institución e que non gozaron da celebridade dos seus pares masculinos. A investigadora Aurora Marco fixo esta quinta feira un resumo dalgunhas daquelas traxectorias vitais reivindicando o seu papel na modernización da Universidade e da sociedade galega da altura.