A Xunta usará empresas e expertos privados para simplificar trámites ambientais públicos

 Crearase un rexistro de empresas e institucións de carácter privado "capacitados" para facer estes traballos.
minaria-de-galicia-magnesitas-rubian
photo_camera Imaxe dunha explotación mineira na Galiza. (Foto: Minaría Sostible)

O Goberno galego aprobou esta quinta feira o decreto que desenvolve as Entidades de Colaboración Ambiental (ECA), compostas por expertos e empresas que "valorarán", en palabras da Xunta, aqueles proxectos empresariais "complexos". O presidente galego, Alfonso Rueda, asegurou na súa comparecencia que as ECA non van "substituír" o labor da Xunta senón "complementalo".

Esta figura estaba xa prevista na lei de simplificación administrativa de 2021 e xa fora albo de críticas daquela por parte da oposición e colectivos de defensa do medio ambiente que entendían que a Xunta "deixaba en mans" do privado funcións propias da Administración á hora de garantir controis e supervisións. 

Porén, a Xunta resalta que a Galiza convértese "nunha das primeiras comunidades en apostar pola colaboración público-privada" en materia de avaliación ambiental. Para iso, o Consello aprobou o decreto polo que se regula

Entre outras cuestións, prevese a creación dun banco de persoas especialistas neste campo, así como un rexistro de empresas e institucións de carácter privado "capacitados" para dar apoio técnico á Administración galega en certas fases e trámites do proceso.

Nos últimos anos, o Goberno galego aprobou -coa desculpa de "axilizar" os trámites e dar facilidades para a instalación de empresas e proxectos na Galiza- diveras leis e normas que rebaixaban os requisitos que debían de cumprir estas iniciativas.

Un exemplo disto foi a 'Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica da Galiza, alcumada desde o ecoloxismo como 'nova lei de depredación' e aprobada a inicios de 2021.  A oposición incidía en que era unha norma que baixo o "disfraz" de simplificación administrativa agocha unha "perda de garantías na tramitación de parques eólicos" e outros proxectos de grande impacto.

Nesta liña, o ambientalismo tamén sitúba recentemente organizacións como o SLG, "dará cobertura legal a proxectos prohibidos pola legalidade vixente. Prioriza os intereses económicos das grandes corporacións eléctricas e mineiro-extractivas, e elimina garantías para as persoas e colectivos que sofren os impactos dos megaproxectos eólicos, enerxéticos en xeral, mineiros…".

Comentarios