VÍDEO | O independente Amador Díaz consegue a Alcaldía de Xinzo co apoio do PP entre berros de "traidor"

Moitos dos asistentes ao pleno mostraron o seu descontento xa que o pacto que se prevía antes do inicio do pleno era o do PSdeG xunto co BNG e co propio AXIL.
Amador Díaz protagonizou un pleno cheo de tensión (Foto: Concello de Xinzo de Limia).
photo_camera Amador Díaz protagonizou un pleno cheo de tensión (Foto: Concello de Xinzo de Limia).

Este sábado foi certamente unha xornada chea de tensión en moitos concellos do país. A constitución das corporacións municipais nos concellos en que a gobernabilidade estaba no ar vivíronse con especial tensión.

Foi o caso de Xinzo de Limia en que, finalmente o independente Amador Díaz (Alternativa por Xinzo de Limia – AXIL) se fixo co bastón de mando nun pleno cheo de polémica.

“Traidor”

“Traidor” e “Xudas” foron as palabras que máis se escoitou por parte do público asistente nun pleno en que Díaz conseguiu o apoio do PP para facerse coa Alcaldía.

Moitos dos asistentes ao pleno mostraron o seu descontento xa que o pacto que se prevía antes do inicio do pleno era o do PSdeG xunto co BNG e co propio AXIL.

Así, a até agora alcaldesa, a socialista Elvira Lama perde a Alcaldía.

Comentarios