Sober será, máis unha vez, a primeira corporación municipal en constituírse no Estado

A partir das 00 horas do sábado, terá lugar o pleno no cal Sober será, por cuarta vez consecutiva -xa o foi en 2011, 2015 e 2019- a primeira corporación en arrincar mandato.
Casa do Concello de Sober (Foto: Concello de Sober).
photo_camera Casa do Concello de Sober (Foto: Concello de Sober).

A corporación municipal de Sober, concello da Ribeira Sacra, volverá ser a primeira do Estado español en ficar constituída, xa que terá o primeiro pleno ás 00 horas do sábado, a medianoite.

Ademais, o actual alcalde en funcións, Luis Fernández Guitián, do PP, asumirá o bastón de mando por cuarta vez tras conseguir unha maioría absoluta de oito concelleiros nas eleccións do pasado 28 de maio.

Agroma Sober foi segunda forza, con dous edís, e o PSOE terceira, cun.

Así, a partir das 00 horas do sábado, terá lugar o pleno no cal Sober será, por cuarta vez consecutiva -xa o foi en 2011, 2015 e 2019- a primeira corporación en arrincar mandato.

“Algo habitual”

"Algo anecdótico que xa se converteu en habitual e que volve pór o foco en Sober", destaca o rexedor en funcións.

Fernández Guitián subliña que no Estado español hai "máis de 8.100 corporacións" que se constitúen o 17 de xuño, pero que Sober "non vai ser unha máis", senón "a primeira".

Comentarios