Ruído de sables na Garda Civil: unha asociación di estar disposta a "derramar até a última pinga de sangue"

Os responsábeis da Asociación Pro-Garda Civil (Aprogc) lanzou un comunicado no que criticaron a lei de amnistía e o acordo entre PSOE e Junts para a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno español.
O tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero, no Congreso dos Deputados, o 23 de febreiro de 1981 (Foto: Europa Press).
photo_camera O tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero, no Congreso dos Deputados, o 23 de febreiro de 1981 (Foto: Europa Press).

Os responsábeis da Asociación Pro-Garda Civil (Aprogc) lanzaron un comunicado no que criticaron a lei de amnistía e o acordo entre PSOE e Junts para a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno español, aludindo no mesmo ao seu xuramento como militar para "derramar sangue" en defensa de España e da súa Constitución.

No seu escrito, a asociación de gardas civís lembra o seu xuramento "ante a Bandeira como militares", polo que están "dispostos a derramar até a última pinga de sangue en defensa da soberanía e da independencia de España e do seu ordenamento constitucional".

Non sería a primeira vez que membros da institución empregan a violencia contra o Goberno estatal, pois cómpre lembrar o asalto do Congreso dos Deputados do 23 de febreiro de 1981, cando un numeroso grupo de gardas civís baixo mando do tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero, durante a votación do candidato á presidencia do goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo, da UCD.

Aprogc lembrou a lealdade dos gardas civís á Constitución e á lei, mais sinalando que o acordo para a investidura de Pedro Sánchez supón "baleirar de contido a misión constitucional encomendada ás Forzas e Corpos de Seguridade, especialmente a policía xudicial".

Neste sentido, desde este colectivo mostraron o seu apoio aos xuíces que exercen de "barreira fronte a inspiracións totalitaristas", polo que esperan que estes últimos "atopen o camiño para preservar o Estado de Dereito".

A pesar de que o comunicado comeza lembrando que a Garda Civil foi "sempre un corpo obediente" e que rexeitan "conspiracións", a organización citou o artigo 104 da Constitución que encomenda ás Forzas e Corpos de Seguridade a misión de protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades públicas e garantir a seguridade cidadá.

Ademais, o colectivo tamén critica aos seus xefes políticos. "Os gardas civís preguntámonos cando volveremos ter xefes que se sometan ao imperio da lei en lugar de estudar as súas fisuras", sinalaron antes de cuestionar as "purgas políticas de polo menos seis coroneis e dous tenentes coroneis, con manifesto desprezo da legalidade e a tradición".

Expedientes disciplinarios

O director xeneral da Garda Civil, Leonardo Marcos, ordenou abrir unha investigación para identificar os responsábeis de Aprogc e iniciar o procedemento disciplinario e, no seu caso, penal tras o comunicado. O pasado 29 de outubro, a Garda Civil tamén anunciou que dera a orde aos servizos xurídicos para estudar posibles consecuencias disciplinarias e legais contra outra asociación, Jucil, por "quebrantar o principio de neutralidade política" ao criticar a "felonía" que supoñía que o presidente do Gobierno, Pedro Sánchez.

Comentarios