18-F

Rueda solicita apoio en Ribadavia ao "traballo, esforzo e sentidiño" do PP

O popular recoñece os problemas de vivenda
Alfonso Rueda, esta sexta feira, nun acto en San Cibrao das Viñas. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Alfonso Rueda, esta sexta feira, nun acto en San Cibrao das Viñas. (Foto: Nós Diario)

O candidato do PP á Presidencia da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, fixo esta sexta feira un chamamento ao exercicio do voto o próximo 18 de febreiro "para falar con rotundidade, con decisión, con ilusión e, sobre todo, sendo conscientes de que o que se elixe ese día é o futuro da Galiza". 

Un futuro que para Rueda, segundo asegurou nun mitin en Ribadavia (O Ribeiro), "pasa por seguir o modelo que caracterizou estes anos [de Presidencia da Xunta do PP] de traballo, de esforzo e de sentidiño".

"O modelo, en definitiva, da Galiza que medra, prospera e funciona", incidiu. O popular asegurou que durante esta campaña "quedará claro quen ten propostas reais e quen fai compromisos irrealizábeis, quen aspira a gañar e quen só a pactar, quen pretende gobernar e quen só busca repartir cadeiras".

Previamente, Rueda participou nun encontro con universitarios e universitarias en Compostela, no que manifestou ser consciente "do problema que supón para moitos estudantes non ter un lugar para vivir nas cidades onde están estudando".

Comentarios