Rueda cualifica como “enfermos mentais” as persoas con problemas de saúde mental
Durante o debate sobre a saúde mental no Parlamento galego.
A saúde mental foi un dos temas que centrou esta cuarta feira a sesión de control ao presidente da Xunta da Galiza no Parlamento galego. Unha cuestión que está entre as principais preocupacións de miles de galegos e galegas e na que, profesionais e usuarias, denuncian a escaseza de persoal e recursos.
Durante a súa quenda de intervención para responder á pregunta que lle formulou a portavoz nacional do BNG sobre as medidas que ía adoptar o Goberno galego en saúde emntal, Rueda emprego en varias ocasións a expresión “enfermos mentais”.
O termo “enfermo mental” é rexeitado desde hai anos por profesionais e familiares de persoas con problemas de saúde mental. Para se referir a persoas con problemas de saúde mental. A Confederación pola Saúde Mental (CSM) explica no seu guía de estilo ‘As palabras si importan. Comunicar sen prexuízos depende de ti’ que é preferíbel falar de “persoas con problemas de saúde mental” ou “persoas con trastorno mental”.
Ademais, aínda que o termo “enfermidade mental” parece eutro, di a CSM, o certo é que leva implícitos moitos estereotipos negativos que “inevitabelmente acaban vinculándose á persoa”.
Estilo Rueda vol.2 pic.twitter.com/ila4GuiEmE
— BNG - Bloque Nacionalista Galego (@obloque) May 21, 2025
Para evitar isto, podemos substituír o termo “enfermos e enfermas mentais” por “persoas con problemas de saúde mental” ou “persoas con trastorno mental”. Desta forma, mostramos o problema de saúde mental como unha circunstancia máis da persoa, afirman.
Deste modo, explican, “mostramos o problema de saúde mental como unha circunstancia máis da persoa”, explica o texto. Do que se trata é de non utilizar termos que leven unha apreciación negativa “que terminan proxectándose á persoa”.
