Reunión extraordinaria do PSdeG para avaliar os resultados do 18-F: “Son malos, sen adxectivos”

O Secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Laxe, valorou “positivamente” a decisión de José Ramón Gómez Besteiro de “liderar no parlamento ao PSdeG e asumir en primeira persoa a reconstrución do proxecto político para a Galiza”.

José Manuel Laxe Tuñas, esta cuarta feira. (Foto: Nós Diario)
photo_camera José Manuel Laxe Tuñas (Foto: Nós Diario)

O PSdeG reunirán á súa Comisión Executiva Nacional Galega esta cuarta feira nunha reunión extraordinaria na que analizarán os resultados electorais das eleccións galegas e convocarán os órganos internos para facer unha análise máis detallada co conxunto da organización.

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Laxe Tuñas, valorou esta segunda feira os resultados electorais, recoñecendo que “son uns moi malos resultados electorais, sen adxectivos”.

Laxe Tuñas considera que “toca facer autocrítica, analizar en detalle e aunar esforzos para dende a unidade construír un proxecto político para a Galiza, en chave de país”.

O PSdeG-lembrou, PSOE forma parte de 120 gobernos municipais e ostenta 102 Alcaldías na Galiza, sendo a forza política que goberna máis cidadáns dende os concellos. Cabe recordar que os socialistas galegos elixiron Besteiro candidato á Xunta da Galiza no mes de outubro e as elección foron convocadas en decembro.

Laxe valorou tamén “positivamente” a decisión de José Ramón Gómez Besteiro de “liderar no parlamento ao PSdeG e asumir en primeira persoa a reconstrución do proxecto político para a Galiza”.

A falta de que se coñezan os resultados do voto CERA, o escrutinio das eleccións galegas deixa un Parlamento galego con maioría absoluta do PP, que cae dos 42 escanos aos 40 (cunha porcentaxe de voto de 47,49% en 2024 fronte a un 47,95% que os populares conseguiran en 2020). Mentres, o BNG experimenta os seus mellores rexistros nunhas eleccións galegas, pasando dos 19 escanos de 2020 (23,78%) aos 25 (31,51%). A participación subiu a un máximo histórico de 67,24%, case 20 puntos máis que en 2020.

O PSdeG afúndese e cae dos 14 escanos (14,02%)  aos 9 actuais (19,38%) e Democracia Ourensá estréase na Cámara galega con 1 escano (1,02% no conxunto do país, 8,87% na circunscrición de Ourense).

Comentarios