A rede social Twitter eliminou centos de contas "falsas" operadas polo Partido Popular en 2019

A rede social emitiu unha nota no seu día en que indicaban que "estas contas estiveron activas durante un período de tempo curto e consistían, principalmente, en contas falsas creadas para aumentar as interaccións".
Nota da rede social 'X' (Foto: X).
photo_camera Nota da rede social 'X' (Foto: X).

Segundo se puido coñecer, a rede social ‘X’ (antiga Twitter) eliminou en 2019 un total de de 259 contas operadas polo Partido Popular (PP) para “falsamente aumentar sentimento positivo público”.

Así o indicaban nunha nota da rede social en que tamén indicaban que “estas contas estiveron activas durante un período de tempo curto e consistían, principalmente, en contas falsas creadas para aumentar as interaccións”, contas coñecidas como ‘bots’.

"Entramado dixital"

Isto contrasta coa acusación feita pola secretaria xeral do PP, Paula Prado esta cuarta feira, que denunciou un "entramado de manipulación dixital", unha "mafia das mentiras" a través de "centos de nomes e perfís falsos" en redes sociais que vinculou coa "oposición", xa que apuntou que "o 'botafumeiro' de bulos" estaría "coordinado desde Madrid". Unha "rede de perfís falsos" que vincula a 'bots' radicados en Filipinas, Nicaragua ou Rusia.

Prado asegurou que o PP ten "probas" e estuda "ir á Fiscalía". Estas acusacións sobre desinformación decorren cando se cumpren 296 Venres Negros en que traballadoras e traballadores da CRTVG denuncian manipulación e unha liña informativa ao servizo dos intereses do Goberno galego.

Comentarios