Queixas ve a Xunta "cómplice" en desvalorizar o Museo Carlos Maside

O proxecto BIC "é insuficiente", di a deputada.
O Museo Carlos Maside, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Xunta da Galiza) #patrimonio #museocarlosmaside #laboratoriodeformas #sada #isaacdíazpardo #luísseoane
photo_camera O Museo Carlos Maside, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Xunta da Galiza)

O BNG acusou onte no Parlamento galego o Goberno galego de ser “cómplice” na desvalorización do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside e, "unha vez máis", reclamou a integración no conxunto BIC (Ben de Interese Cultural) de Cerámicas do Castro como “berce do maior proxecto de industria cultural de Galiza durante a segunda metade do século XX”. A deputada nacionalista Mercedes Queixas considerou “insuficiente e defraudante” a resolución para declarar BIC ese espazo.

O Concello de Sada, así como formacións como o BNG, Sadamaioría e PSdeG, queren que a declaración BIC do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside incluíse tamén Cerámica do Castro.

En setembro, o propietario de Sargadelos, Segismundo García, anunciaba o peche do Museo Carlos Maside en resposta á moción para declarar BIC todo o complexo do Castro. O BNG reclamou onte na Cámara a integración do conxunto de Cerámicas do Castro no BIC. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lourenzo,que coa declaración existente "están protexidos Museo e colección". 

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada explicitaba en setembro as razóns polas que presenta alegación ao expediente polo que se incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural (BIC) o edificio do Museo Galego de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside, para que o conxunto de Cerámicas do Castro sexa declarado BIC co recoñecemento de Sitio Histórico e polo que solicita que se estenda a declaración de ben de interese cultural ao conxunto de edificacións do complexo de Cerámicas do Castro, e non só ao Museo Carlos Maside. 

As peticións fundaméntanse na "necesidade de preservar a verdade histórica e a obra de Isaac Díaz Pardo", tendo en conta que baixo a súa coordinación "as producións do Castro acadan un nivel de calidade, así a nivel técnico como artístico, insólito a nivel estatal".

Comentarios