PSOE e Sumar asinan un acordo para formaren Goberno

A ratificación deste acordo de Goberno de coalición progresista terá lugar esta propia terza feira ás 12.30 horas nun acto público que contará coas intervencións do secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno estatal en funcións, Pedro Sánchez, e da líder de Sumar e vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo en funcións, Yolanda Díaz.
Pedro Sánchez e Yolanda Díaz (Foto: Carlos Luján / Europa Press).
photo_camera Pedro Sánchez e Yolanda Díaz (Foto: Carlos Luján / Europa Press).

O PSOE e Sumar alcanzaron un acordo programático para formar un novo Goberno de coalición "progresista" no Estado español tras fechar os seus líderes, Pedro Sánchez e Yolanda Díaz, os detalles dun pacto que é "froito das negociacións que tiveron lugar desde finais de xullo".

Así o deron a coñecer esta terza feira nun comunicado conxunto, no cal sinalan que o acordo chega antes do prazo que ambas as formacións marcaron para logralo.

"Rexeitamento a un goberno da dereita"

"Dáse resposta así á clara mensaxe que lanzou a cidadanía nas eleccións do pasado 23 de xullo: o rexeitamento a un goberno da dereita e a ultradereita en España, e o mandato de seguir avanzando en dereitos e liberdades", subliñaron.

A ratificación deste acordo de Goberno de coalición progresista terá lugar esta propia terza feira ás 12.30 horas nun acto público que contará coas intervencións do secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno estatal en funcións, Pedro Sánchez, e da líder de Sumar e vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo en funcións, Yolanda Díaz.

Após o fracaso de Feixoo

Este acordo chega despois do fracaso do candidato do PP, Alberto Núñez Feixoo na investidura para a Presidencia do Goberno do Estado.

Tivo dúas oportunidades para alcanzar os 176 votos necesarios no Congreso mais en ambas ocasións foi incapaz ao só lograr os apoios do seu propio grupo, da ultradereita de Vox e da UPN.

Comentarios