O PSOE galego declina o convite do Bloque dunha fronte común contra o "pucheirazo"

Gómez Besteiro pecha a porta á proposta de Vence para xuntar forzas contra a reforma electoral que pretende o PP. Tamén opta por non falar das crises internas da súa formación.

Ramón Gómez Besteiro (Foto: Nós Diario).
photo_camera Ramón Gómez Besteiro

O PSOE amósase en contra da intención do PP de aprobar unha reforma electoral para os comicios locais que premiaría á lista máis votada -concedéndolle a vitoria en contra das maiorías políticas expresadas polas urnas- porén, como sospeitan algunhas forzas de esquerda, podería ser a súa unha posición tímida, de oposición formal pero non real, posto que @s socialistas tamén poderían beneficiarse dunha reforma -cualificada como "pucheirazo" desde forzas como BNG ou AGE- que prima un bipartidismo en grave crise.

O PSdeG non descarta abrir unha negociación co PP en cando teña un documento sobre a reforma

Nesta liña, o secretario xeral do PSOE galego, José Ramón Gómez Besteiro, apuntou nesa liña ao declinar a invitación do BNG, formulada polo seu líder Xavier Vence, de formar unha fronte común de todas as organizacións contrarias á reforma. “Non iremos por aí, esperamos un documento do Goberno para abrir unha discusión”, afirmou, mesmo abrindo a porta a un pacto co PP.

A maiores, Besteiro negouse a tratar en público as numerosas liortas internas da súa formación, como a de Foz, onde dimitiron tod@s @s concelleir@s do PSOE

Comentarios