O PSOE denuncia perante a Xunta Electoral o “escrache” aos seus cartaces

O PSOE vén de denunciar perante a Xunta Electoral "os escraches" contra os seus cartaces electorais

5cb4a8bfaa-img_20190415_133936
photo_camera [Imaxe: PSOE Pontevedra]

Segundo puido saber Sermos Galiza, a Xunta Electoral recibiu xa a denuncia do PSOE sobre os “escraches” contra os seus cartaces electorais, que presentan cruces e dianas pintadas enriba da faciana de Pedro Sánchez.

Ademais, segundo a formación socialdemócrata puxo en coñecemento do órgano electoral as pintadas contra a sede do PSOE local, onde se pode ler “De obreros poco”.

O PSOE de Pontevedra pon no foco a CCOO

O candidato á Alcaldía, Tino Fernández, denuncia a “escalada de escraches” que recibe o PSOE en Pontevedra desde que CCOO “puxo no punto de mira” as “iras dos traballadores” no partido socialista. Responsabiliza este sindicato e “algúns traballadores de Ence” de “vandalizar os seus cartaces”.

Esta terza feira tamén apareceron pintadas contra a cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Carme da Silva, quen o 24 de marzo xa denunciara publicamente a aparición de dianas co seu nome na fachada da súa vivenda.

Comentarios