Prisión incondicional e sen fianza para Luis Bárcenas

O xuíz Ruz aprecia risco de fuga no ex-tesoureiro do PP. A decisión impedirá, aliás, a destrución de probas

Barcenas
photo_camera Barcenas

A prisión de Soto del Real. Ese é o destino que o xuíz Pablo Ruz decretou para o ex-tesoureiro do Partido Popular Luis Bárcenas nun auto feito público nesta quinta feira. Ruz adopta esta decisión para “asegurar a súa presenza” na causa na que se investigan as actividades da trama Gürtel e “evitar o risco de fuga”.

O maxistrado tamén salienta que o ingreso en prisión do ex-tesoureiro popular servirá para “preservar as fontes de proba relacionadas cos presuntos delitos obxecto de imputación para evitar a súa alteración por parte do imputado”.

A simulación de falsas compravendas de arte e os movemintos de contas en paraísos fiscais,foron as pingas que levaron a Bárcenas a prisión


 


 

Comentarios