Parlamento

O PP veta que se fagan públicas as listas de espera na súa totalidade

A oposición denuncia "escurantismo" do Goberno galego.
Sala de espera do centro de Saúde do milladorio, no concello de Ames, comarca de Compostela. (Foto: Xunta da Galiza).
photo_camera Sala de espera do centro de Saúde do Milladorio, no concello de Ames, comarca de Compostela. (Foto: Xunta da Galiza).

O voto do PP impediu que se aprobase na comisión de sanidade do Parlamento galego unha iniciativa que solicitaba "facer públicas, con carácter inmediato, a totalidade das listas de espera do sistema público de saúde, estruturais e non estruturais, incorporar ás listas de espera estruturais a todas as pacientes que foran eliminadas das mesmas". A proposición non de lei, presentada polo BNG, tivo o apoio do PSdeG.

A deputada nacionalista Iria Carreira  acusou o Goberno galego de “presumir de transparencia” cando en realidade négase a practicala. Ademais, alertou que cada vez é máis frecuente a práctica de “non dar unha data para as consultas ou probas diagnósticas solicitadas”.

Julio Torrado (PSdeG) puxo en cuestión que as cifras oficiais sobre listas de espera se correspondesen coa realidade. "A realidade, supera a versión oficial que se quere publicitar polo Goberno galego". Porén, para o PP a situación na Galiza é mellor que a que hai no resto do Estado. "Somos a quinta comunidade con menos listas de espera", afirmou Encarnación Díaz.

 

As lista de agarda sanitarias referidas á segunda metade de 2022 reflicten un importante incremento das persoas incluídas nas mesmas, rexistrando un novo máximo histórico. Así, 380.171 galegas e galegos agardan por unha cita hospitalaria, das cales 46.161 esperan una media de 77,8 días por unha cirurxía; 215.620 esperan unha media de 66 días por unha consulta hospitalaria e 118.390 esperanunha media de 88,4 días por una proba diagnóstica. Estes tres casos reflicten unha alza importante en relación cos anteriores semestre.

Listas históricas

As cifras facilitadas pola administración galega desmenten as achegadas polo Ministerio de Sanidade para este período. Mentres a Xunta da Galiza inclúe nas súas listas de agarda 380.171 persoas, as estatísticas estatais redúcenas a 261.718, ao deixar fóra da súa contabilidade unha parte de doentes á espera de certas probas diagnosticas. 

Un total de 18.155 persoas incorporáronse ás listas de agarda no último semestre de 2022 e un total 32.262 ao longo da pasada anualidade. Así, en decembro de 2021 esperaban por unha cirurxía 43.194 persoas, por unha consulta hospitalaria 193.662 e por unha proba diagnóstica 111.053. Neste sentido, as persoas en espera hospitalaria incrementáronse nos diversos niveis da Atención Especializada.

Comentarios