O PP rompe a súa promesa e pacta con Xácome, que seguirá sendo alcalde de Ourense a cambio da Deputación

A pesar de que o candidato Popular, Manuel Cabezas, prometeu ao longo da campaña electoral que non pactaría con Xácome, na mañá desta sábado transcendeu que a Alcaldía ourensá seguirá en mans de Xácome a cambio do apoio deste aos populares na Deputación de Ourense.
Gonzalo Pérez Xácome fíxose de novo co bastón de mando en Ourense. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
photo_camera Pérez Xácome fais de novo co bastón de mando (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).

Gonzalo Pérez Xácome seguirá á fronte do Concello de Ourense após alcanzar un acordo co PP.

Acordo de investudira entre o PP e DO (Foto: cedida).
Acordo de investudira entre o PP e DO (Foto: cedida).

A pesar de que o candidato Popular, Manuel Cabezas, prometeu ao longo da campaña electoral que non pactaría con Xácome, na mañá desta sábado transcendeu que a Alcaldía ourensá seguirá en mans de Xácome a cambio do apoio deste aos populares na Deputación de Ourense.

Oferta ao PSOE

Na madrugada deste sábado transcendeu que o candidato do PP de Ourense, Manuel Cabezas, lanzou unha última oferta ao PSOE en Ourense: ofrece os votos dos seus edís no Consistorio para dar a Alcaldía ao socialista Paco Rodríguez -operación que requiriría tamén o apoio do BNG para saír adiante- a cambio de que os socialistas permitan que na Deputación gobernen os populares.

Finalmente, Paula Prado, secretaria xeral do PP na Galiza, e o líder de Democracia Ourensá, Gonzalo Pérez Xácome, asinaron un acordo ao que tivo acceso Nós Diario.

No acordo rubricado por PP e DO, pode lerse que “a prioridade dos partidos asinantes é a gobernabilidade do Concello e da Deputación, respectando o sentir maioritario dos ourensáns”.

Comentarios