MUNICIPAIS2015

O PP rectifica e abre a porta a debater coas forzas sen representación municipal

As protestas do BNG e do PSdeG, por excluír dos debates electorais ás candidaturas que non forman parte das corporacións locais, obrigan a dar marcha atrás aos populares.

feijoo_pequena


O PP abre a porta a que os candidatos e candidatas das forzas políticas sen representación municipal participen dos debates electorais. O voceiro dos populares, Miguel Tellado, afirmou que “estudarán” a entrada das formacións que aspiran a obter escanos nos comicios do 24M. Unha rectificación que chega dous días despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, rexeitara este extremo. 

“Se o PSOE e o BNG queren que estean as mareas, só teñen que dicilo”, asegurou Tellado, segundo declaracións recollidas polo diario ‘El País’. O voceiro popular mostrouse “disposto a estudar calquera oferta”, despois de que a fronte nacionalista pedira un debate “libre de vetos”. 

Pola súa banda, AGE cualificou o veto como unha mostra do “temor” de Feijóo fronte as candidaturas cidadás.

Decidira cada candidato do PP

Tellado deixou nas mans de cada candidato do PP a decisión. Porén, insistiu na liña fixada por Feijóo e precisou que un debate con “sete, oito ou nove persoas desnaturalizaría os debates”. O portavoz popular cre que abrir o debate a todas as candidaturas obrigaría a “discursos preelaborados” e “intervencións seguidas”.

Nesta liña manifestouse o candidato popular á alcaldía de Santiago, Agustín Hernández, que apostou por un debate “sen restricións” e no que participen todas as forzas con posibilidades de obter representación na corporación local. 

Comentarios