O PP impulsa unha moción de censura en Pontecesures, con alcaldía do BNG

Os populares acadaron un acordo dun edil de TeGa e outra independente. A rexedora do concello pontevedrés é a nacionalista Cecilia Tarela.

Luis Álvarez Celia Tarela Pontecesures
photo_camera Celia Tarela recibe o bastón de alcaldesa da man do seu antecesor, Luís Álvarez

O PP acadou un acordo cun concelleiro de TeGa e unha independente para presentar unha moción de censura en Pontecesures (comarca de Caldas) para botar da alcaldía a nacionalista Cecilia Tarela (BNG), que goberna co apoio do PSOE.

A moción está avalada polo candidato popular á alcaldía cesureña, Juan Manuel Vidal, o edil de TeGa Ángel Souto e a independente Maribel Castro. Porén, a moción está pendente de ser rexistrada, pois un defecto de forma motivou que os servizos xurídicos do Concello solicitasen rectificar o documento, segundo recolle Europa Press, citando fontes municipais.

As eleccións municipais de 2015 deixaron un mapa político axustado nesta vila. O partido máis votado foi o PP (25% dos sufraxios, 3 concelleiros), seguido do BNG (2 edís e 21,4%). TeGa logrou o 17,9% e 2 concelleiros, IP, tamén 2, co 17,4%; e o PSOE obtivo o 15,3% e 2 cadeiras na Corporación. 

Non é a de Pontecesures a primeira moción de censura na Galiza desde as eleccións municipais de 2015.En agosto dese ano, o PP valeuse desta opción para acabar co goberno local, presidido por Xosé L. Rivas, 'Mini', do BNG. 

Comentarios