A porta xiratoria en Galiza: o imputado Ángel Currás dirixirá Tragsa

Encausado en tres procesos xudiciais, o que foi o segundo alcalde de Compostela o que vai de lexislatura é ascendido agora á dirección da empresa co aval do PP e de Feijóo.  

Currás na conferencia de prensa
photo_camera Currás.

Seica sempre hai unha saída para os fieis, segundo as normas do poder, visíbeis en toda a súa dimensión nese fenómeno que se dou en chamar portas xiratorias, segundo o cal responsábeis políticos atopan unha grande saída cando deixan o cargo, aproveitando os contactos da gobernación. En Galiza tamén, e co aval do PP e do propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que acaba de dar o visto bo ao relevo do que foi alcalde de Compostela nesta lexislatura -Ángel Currás- que mergullado en tres causas xudiciais agora deixará a súa acta de concelleiro para ir dirixir a delegación galega da empresa pública Tragsa, posto que deixou hai uns meses o rexedor de Viveiro.

Santiago vai polo terceiro alcalde e a saída de Currás abrirá a porta a outr@ concelleir@ non-elect@

A marcha de Currás obrigará á entrada dunha nova persoa non-electa no consistorio santiagués, onde o carrusel de imputacións e condenas xa obrigou a que sete concelleir@s accedesen ao goberno sen teren sido escollid@s nas urnas, todo en medio dun escándalo monumental que afectou primeiro ao alcalde Gerardo Conde Roa e que quere tapar o actual, Agustín Hernández, entre críticas que aluden ao feito do nivel de información que pode ter Currás para ser “premiado” -segundo dixo a oposición- con este cargo malia o seu fracaso no concello.

Comentarios