Eleccións Municipais

Podemos e EU concorrerán en coalición en seis concellos galegos

O prazo para presentar coalicións remata na medianoite desta sexta feira.
 

Presentación do proxecto político Agora Ourense. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Presentación do proxecto político Agora Ourense. (Foto: Nós Diario)

Podemos e Esquerda Unida (EU) subscribiron esta sexta feira seis pactos para concorrer ambas as formacións en coalición ás eleccións municipais do 28 de maio. Trátase dos pactos da Coruña (onde a diferenza das últimas eleccións, non concorrerán dentro da Marea Atlántica, que tamén se presenta), Lugo, Ponteareas e Laxe.

Nestes casos as coalicións están formadas por Podemos, EU e Alianza Verde. A estes acordos hai que sumar os de Vigo, baixo o nome Podemos-Marea de Vigo (inclúe Podemos, EU, Marea de Vigo, Alianza Verde e Verdes Equo) e Ourense, onde se denominan Agora Ourense (Podemos, EU, Alianza Verde, Ourense Mellor, Verdes Equo e Recortes Cero).

Sen EU, Podemos fechou acordos de coalición con Alianza Verde noutros sete Concellos: Vilagarcía, A Teixeira, Teo, Nigrán, O Carballiño, Pontevedra e Ferrol. Nesta última cidade Podemos enfrontarase a EU, que integra Ferrol en Común.  

Na capital galega, Podemos intégrase de forma explícita en Compostela Aberta, onde a candidata é de EU.

Segunda República

Esquerda Unida de Ferrol conmemorou esta sexta feira, 14 de abril, o 92 aniversario da proclamación da Segunda República española, cunha ofrenda floral realizada no antigo cemiterio de Canido na que lembrou o cura vinculado á esquerda Vicente Couce.

Comentarios