Ana Pontón, portavoz nacional do BNG

"Podemos alcanzar éxitos que hai anos nin soñabamos"

Ana Pontón (Sarria, 1977) foi re-eleita portavoz nacional na XVI Asemblea do BNG, o conclave de Palexco, e foino con aínda maior apoio do que obtivo cando, en febreiro de 2016, asumiu por vez primeira a lideranza da formación nacionalista. Sae con moita enerxía da Asemblea e non se pon nen límites nen teito. É a entrevista política deste Sermos240. Eis un extracto da conversa.

Ana Pontón, nos corredores do Parlamento galego. 28 de marzo de 2017
photo_camera Ana Pontón, nun corredor do Parlamento galego

-Fixeche un emprazamento a militancia a que non se "autolimite" porque "a inmensa maioría da sociedade pode ser receptiva e beneficiaria das nosas políticas", dixeche. Significa isto que de Palexco sae un BNG máis poroso á sociedade galega?

-Eu o que creo é que o BNG ten un proxecto beneficioso para a sociedade galega. E nós o que nos debemos é esconder cal é ese proxecto, senón defendelo con orgullo porque estou convencida de que ademais unha inmensa maioría de galegas e galegos poden apoiar o proxecto do BNG. Estamos nun momento de sumar, de medrar, de agrandar a base social do nacionalismo. Estou certa de que esa é a base sobre a que facer agromar unha alternativa que lle dea esperanza a unha maioría social. Penso que a xente valora a nosa coherencia. Sobre esa base, e sobre a base da unidade, imos ter capacidade para alcanzar grandes éxitos que se cadra hai dous ou tres anos non eramos capaces nen de soñar.

3-Crin detectar un pequeno cambio cualitativo no discurso e é que puxeche outra vez na axenda o obxectivo dun goberno nacionalista após unha etapa un pouco longa en que esa meta apenas era enunciada.

-Ben, nós temos un proxecto transformador, temos un obxectivo estratéxico, a meio prazo, pero tamén sabemos que é importante que haxa unha maioría social que nos respalde eleitoralmente e que un goberno nacionalista é chave para existir un cambio real nas tendencias sociais e políticas e no futuro deste país.

[A íntegra da entrevista tela ao teu dispor no Sermos240, xa nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa]

Comentarios