Pedro Sánchez afirma na Coruña que o 28-M "vainos ir moi ben"

Inés Rei di que o PSdeG vai ser "primeira forza".
pedro sanchez candidatos psdeg cidades galegas
photo_camera Pêdro Sánchez na Coruña cos candidatos e candidatas á Alcaldía en seis cidades galegas

Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE e presidentes pañol  afirmou esta sexta feira no Palexco da Coruña que nas eleccións do 28-M "vainos ir moi ben". Sánchez avisou que o socialismo "sae a gañar" estes comicios e reiterou que "nós xestionamos mellor porque nós pensamos na maioría social". O líder do PSOE recalou na Coruña nun acto de apoio á candidata socialista na cidade, Inés Rei.

Alí debullou diversas medidas do seu Goberno, centrándose en vivenda e pensións, entre outras cuestións. A súa mención ao novo delegado do Goberno español, José Ramón  Gómez Besteiro, puxo en pé o público asistente ao mitin, un indicador de por onde van as preferencias de parte das bases socialistas.

"A raíz do PSOE é municipalista", aseverou ante os centos de persoas que se congregaron en Palexco, para pasar a louvar o traballo que alcaldes e alcaldesas socialistas fan nos concellos da Galiza.

Pedro Sánchez anuncia mudanzas no Goberno español: o compostelán José Miñóns, ministro de Sanidade

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, foi o encargado de abrir o acto político e fíxoo dicindo a Pedro Sánchez un "ti es galego, polo compromiso que demostras con este país". 

"A igualdade de oportunidades só se garante cun socialista no despacho", concluíu Formoso. 

Inés Rei, pola súa parte, afirmou que o PSOE "vai ser primeira forza na Galiza o 28-Ma o tempo que puxo a Coruña como exemplo de cidade "líder e referente". 

"En catro anos na Coruña pasamos da crispación ao diálogo, da inoperacia á eficiencia na xestión", manifestou a rexedora, que augurou que o 28-M o PSdeG "vai ser a primeira forza na Galiza".

Comentarios