23-X

A participación na Galiza sobe en sete puntos con respecto ás eleccións de 2019

Ascende até 38,98% con datos das 14 horas da tarde.
WhatsApp Image 2023-07-23 at 12.40.16
photo_camera Votación no barrio de Novo Mesoiro, na Coruña, hoxe. (Foto: Nós Diario).

Chegan os primeiros datos de participación.

Ás 14 horas, segundo a información facilitada polo Goberno español, na Galiza, a esa hora, xa votou 38,98% da poboación con dereito a voto.

Esta cifra representa un gran aumento de sete puntos con respecto ao 31,96% rexistrado á mesma hora nas anteriores eleccións estatais de 2019.

Por provincias, a participación alcanzou 38,38% na Coruña, un 6,98% máis.

No referente a Pontevedra, o aumento é aínda máis importante, de 7,48%, pois votou 40,31% do censo polo 32,83% de 2019.

En Ourense a subida cae até 5,84% (39,02% en 2023 polo 33,18% de 2019).

Por último, en Lugo pasaron polas urnas 37,20% do total das persoas convocadas polo 30,22% de 2019 (+6,98%).

No conxunto do Estado ese aumento é menor que no panorama galego, xa que é de 40,46% polo 37,92% de 2019.

Comentarios