Debate do estado da nación

O Parlamento aproba 54 propostas de resolución mais só 8 delas por unanimidade

A defensa dunha aplicación “real e efectiva” da Lei Paz Andrade, que procura a estensión no país de lingua e cultura da lusofonía, foi unha das que logrou o aval das catro forzas.

Parlamento de Galiza

O Parlamento de Galiza debatía e votaba esta quinta feira, no marco do debate do estado da Nación, as propostas de resolución presentadas polos diferentes grupos con representación na Cámara do Hórreo. Eran 160 propostas en total, pois cada un deles aproveitou o máximo posíbel de iniciativas a presentar (40).

Finalmente, aprobáronse 54 propostas, das cales apenas 8 foron co apoio unánime de todas as forzas. Entre estas, unha do BNG para impulsar de maneira efectiva a Lei Paz Andrade, así como outra dos nacionalistas para que a Xunta defenda os intereses dos agrogandeiros galegos perante a reforma da PAC.

En Marea tamén logrou o apoio de todos os grupos a tres das súas propostas, entre elas a proposta para s directrices de ordenación da paisaxe ou a de limpar e sanear as zonas afectadas pola contaminación do lindano.

O PP e o PSdeG sumaron forzas para tirar adiante propostas como a de que se convocase unha conferencia de presidentes autonómicos no primeiro trimestre de 2019, ou ben que se instase a unha reforma do senado e da defensa do estado das autonomías. En total, 26 troslucións foronaprobadas co voto destas dúas forzas políticas. 

O Parlamento aprobou a gran maioría das propostas de resolución do PP, para alén de 15 da oposición, na súa gran maioría do PSdeG.

Comentarios