A operación da Audiencia Nacional contra Causa Galiza chega ao Parlament de Catalunya

A CUP recibirá na Cámara lexislativa catalá unha delegación dos independentistas galegos detidos en outubro de 2015 no operativo da Audiencia Nacional.

Operación Jaro Causa Galiza

O proceso da Audiencia Nacional contra Causa Galiza vai ser denunciado en Catalunya polos propios encausados, que van ser recibidos no Parlament pola CUP para manter unha reunión o vindeiro 23 de novembro. Está, ademais, pendente de se concretar a posibilidade de manter unha xuntanza con Junts pel Si.

A maiores, a delegación dos independentistas galegos procesados pola AN vai participar en diversos actos e palestras en Catalunya para denunciar a ilegaligalización de Causa Galiza e o que entenden que é un salto cualitativo na represión contra o independentismo galego. 

Campaña internacional

En xaneiro procederase a lanzar un manifesto internacional denunciando a suspensión de actividades de Causa Galiza e as causas mantidas contra os 9 independentistas. O manifesto traduciuse a varios idiomas e estase a completar a listaxe de organizacións políticas, sindicais e sociais que desde diferentes países se suman ao mesmo.

Comentarios