Pachi Vázquez será xulgado por facer 60 contratos presuntamente irregulares

A Fiscalía reclama dez anos de inhabilitación para o ex secretario xeral do PSdeG e fundador do partido Espazo Común. Entende, segundo recolle o seu escrito, que era consciente de que "faltaban os requisitos básicos de toda contratación pública".
EuropaPress_2110915_jose_ramon_dacosta_oscar_perez_carral_manuel_pachi_vazquez_espazo_comun
photo_camera José Ramón Dacosta, Óscar Pérez Carral y Manuel Pachi de Vázquez, de Espazo Común (Foto: Espazo Común / Europa Press)
Manuel 'Pachi' Vázquez, o que fora secretario xeral do PSdeG, terá que enfrontarse á Xustiza o 23 de novembro ao ser citado para comparecer por un presunto delito de prevaricación continuada. A vista baséase nunha serie de contratos a 60 empregados públicos na súa etapa como alcalde do Carballiño, entre 1995 e 2005, que poderían terse asinado de maneira irregular.

Desde o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), explicaron a Europa Press que o proceso decorrerá no Xulgado do Penal número 2 de Ourense. Está previsto que se prolongue entre o 23 de novembro e o 11 de decembro.

En concreto, a Fiscalía pide dez anos de inhabilitación para o tamén fundador de Espazo Común, partido co que ocupa na actualidade un escano no Concello do Carballiño.

O Ministerio Público expón na documentación una vista por un suposto delito continuado de prevaricación por formalizar "un gran número de contratacións de persoal laboral de duración determinada para o desempeño de labores de competencia municipal, respecto de 60 traballadores".

Así mesmo, subliña que estes procesos se asinaban con "conciencia de que faltaban os requisitos básicos de toda contratación pública", tales como a "publicidade, para que calquera persona puidese acceder á mesma de acordo aos principios de mérito e de capacidade", un feito do que os acusados "foron informados".

Ademais de 'Pachi' Vázquez, sentarán no banco dos acusados outro catro acusados. Para dous deles, o Ministerio Fiscal reclama igualmente unha década de inhabilitación. Trátase de Carlos Alberto Vázquez, alcalde sucesor (2005-2011), e de Alfonso Prado Rodríguez, edil de Persoal (1995-1997).

José Antonio Barge Gil, concelleiro tamén de Persoal (2007-2011), enfróntase a unha petición de 9 anos; e María Elisa Domínguez Vidal, que ostentaba a carteira de Asuntos Sociais, foi tenente de alcalde e rexedora en funcións (1995-2007), a oito anos e nove meses apartada de cargos públicos.


Comentarios