A oposición de Vilariño pide a dimisión da alcaldesa tras o “lamentábel incidente” en Viana

Consideran que cometeu claras infraccións das normas vixentes no estado de alarma.

Alcaldesa Vilariño (BNG Viana do Bolo)
photo_camera (FB do BNG Viana do Bolo)

A Agrupación Independente de Vilariño de Conso (AIVC) presentou un escrito no Concello mediante o cal solicita a dimisión da alcaldesa, Melisa Macía (PP), polo “lamentábel incidente” que protagonizou no concello veciño de Viana do Bolo.

AIVC, que ten 3 das 7 concelleiras do Pleno de Vilariño de Conso -as outras 4 corresponden ao Partdo Popula- consideran que a alcaldesa rachou o confinamento, incumprindo varias normas e medidas. Algo que considera que non ten xustificación cando se fala dun representante público.

A isto engade que a rexedora, en vez de “asumir erros e responsabilidades”, continúa a “dar escusas”, o que AVIC entende que pode dar a entender que hai “cidadás de primeira e de segunda” e que “poden saltarse as leis”.

Por último, apuntan que as súas críticas non van cara ao motivo da actividade (celebrar o Día do Libro), senón á “inadmisíbel e irresponsábel” forma de levala a cabo.


 

Comentarios