MUNICIPAL

A oposición forza un Pleno municipal para tratar as declaracións pro-franquistas do alcalde de Baralla

BNG e PSOE piden a súa dimisión, pero o rexedor non pensa deixar o cargo ao sentirse apoiado polo PP a nivel nacional.

González Capón, alcalde de Baralla
photo_camera González Capón, alcalde de Baralla

O alcalde de Baralla -Manuel González Capón, do PP- cedeu e finalmente convocou para este día 22 un pleno extraordinario no que se debaterá a súa dimisión, como pedían PSOE e BNG, após afirmar en sede local que “os que foron condenados a morte (durante o franquismo) será que o merecían”.

A oposición pediu de forma unánime a dimisión de González Capón, que polo contrario foi respaldado polo seu partido, que aceptou as “desculpas” polo que tratou como unha simple “frase desafortunada”. Así, o alcalde non ten nin a máis mínima intención de abandonar o seu cargo, tal e como xa fixo saber e en contra da petición opositora.

A posición do PP e do alcalde de Baralla foi moi criticada durante os actos celebrados co gallo do Día da Galiza Mártir.

Comentarios